Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello substitúe 446 ópticas...

A MEDIDA PERMITIRÁ AFORRAR O 80 POR CENTO DA ENERXÍA CONSUMIDA

O Concello substitúe 446 ópticas dos semáforos do municipio por lámpadas de tecnoloxía LED

Venres 6 de marzo do 2009

Ata o de agora, o modelo de semáforo máis común, de tres luces de 200 milímetros e dúas máis destinadas á sinalización para os peóns viña consumindo unha media de 1230 quilovatios ao ano de electricidade. Estas novas lámpadas LED, que suporán a eliminación das incandescentes ou halóxenos que hai na actualidade, implican unha redución que permitirá redundar notablemente no aforro enerxético do municipio.

O sistema de díodos tamén redunda nunha maior seguridade para o tráfico, segundo explica Benedito Viña, xa que supón unha maior fiabilidade e durabilidade, ademais de que implica un mellor alumeado percibido polo ollo humano, xa que os múltiples puntos de luz axudan á captación do sinal. A Concellaría de Tráfico inclúe esta actuación no programa de mellora da seguridade viaria e dentro do plan de tráfico desenvolvido polo Concello.

Compartir: