Inicio Carballo ao día Hemeroteca A canción de autor de Silvia Penide e o o...

CULTURA

A canción de autor de Silvia Penide e o o teatro circo de Pistacatro enchen o programa dos Venres Culturais

Venres 6 de marzo do 2009

Silvia Penide está no Pazo da Cultura o venres 6 de marzo ás 21.00 horas. Esta artista ten gañado un nome propio dentro do panorama pop estatal onde, tras case dez anos, acadou asentar as bases dun estilo propio, que desde o pop se achega tanto ao experimental como ao electrónico. Acompañada só da súa guitarra e da súa magnífica e cálida voz, contaranos historias, que soan cercanas e sinceras, cargadas de sentimentos. A duración do espectáculo é dunha hora. O prezo da entrada é de 3 euros e o prezo especial con desconto de 2 euros. Os tickets poden reservarse no teléfono 981 704 300 ou adquirirse en taquilla o mesmo día da función de 19.00 a 21.00 horas.

Pistacatro Produtora de Sonos tamén está no Pazo, pero neste caso o domingo 8 a partires das 18.00 horas. Circo, ritmo, música e humor, así pode resumirse 'Ringorrango', un mundo ao revés onde atopamos ilusión e alegría. Tres artistas mesturan os seus dispares talentos cunha música popular e pegadiza que fará que o público non deixe de rir. Pistacatro é un colectivo de artistas pioneiro en Galicia na creación de espectáculos de novo circo e cabaré. A duración da actuación é dunha hora. As entradas custan 3,5 euros e 2 euros é o prezo especial con desconto. Os tickets poden reservarse no teléfono 981 704 300 ou adquirirse en taquilla o mesmo día da función de 16.00 a 18.00 horas.

Compartir: