Inicio Carballo ao día Hemeroteca A maxia de Symbiosis e as excentricidades dunha...

VENRES CULTURAIS

A maxia de Symbiosis e as excentricidades dunha obra en Manhattan marcan a oferta de ocio da fin de semana

Venres 13 de marzo do 2009

Mofa e Befa e Pi Excéntricas, agrupadas dende 1993, tentan explorar formas teatrais mestizas e fronteirizas, nas que conviven e chocan diversas formas de facer comedia. A produción 'No comment: Obra' forma parte dunha triloxía máis ampla. Neste caso, o texto aborda a vida interior de tres obreiros que entre o balbordo da maquinaria e o intenso vento gozan dunha rica vida interior: falar é inútil, polo que a expresión achégase ao cine mudo. Un piano acompaña aos protagonistas que viven entre a sensación de perigo, a música e a ameaza da crise. O espectáculo dura 90 minutos e o prezo da entrada é de 3,5 euros, 2,5 con desconto.

Na aposta de 'En familia', dous magos, un galego e outro arxentino, crean Symbiosis mesturando aloucadas ideas e distintas disciplinas, nun intento de transportar ao público a unha nova realidade na que non hai barreiras e onde todo toma un novo significado. Situacións cómicas, homenaxes e clásicos do cine, cancións populares e moitas versións de maxia, dende a vangarda ata o máis tradicional, conforman a aposta do Mago Marttyn Andersen e o Mago Dani García. O espectáculo dura 80 minutos e o prezo da entrada é de 3,5 euros e 2 con desconto.

Compartir: