Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello aproba na Xunta de Goberno...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello aproba na Xunta de Goberno certificacións de obras por máis de 300.000 euros

Martes 17 de marzo do 2009

Así mesmo, a Xunta de Goberno serviu para adxudicar de xeito provisional o 'Subministro de 180 anclaxes de contedores de lixo como ampliación da zona rural de Carballo'. O orzamento previsto é de 38.000 euros e a entrega do material deberá realizarse no prazo de tres meses dende que se produza a adxudicación definitiva. O obxectivo é mellorar o servizo de recollida de lixo en varias zonas das parroquias rurais. No apartado urbanístico, a sesión supuxo a aprobación da constitución da xunta de compensación do sector C-1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Por último, o Concello de Carballo acordou abrir un prazo de 20 días para a presentación de solicitudes das agrupacións musicais do municipio de Carballo para subscribir o Convenio de Actuacións Musicais a favor de grupos de música e danza tradicionais, masas corais, orquestras, conxuntos e bandas de música para o ano 2009, cun incremento no cachet das actuacións para este novo exercicio. A Xunta de Goberno tamén supuxo a concesión de 8 licenzas de obra e seis vaos permanentes.

Compartir: