Inicio Carballo ao día Hemeroteca (In)constantes Teatro chegan ao Pazo da Cultura...

VENRES CULTURAIS

(In)constantes Teatro chegan ao Pazo da Cultura para falar do abandono do home e do mundo rural

Venres 20 de marzo do 2009

Esta obra está baseada nunha célebre novela de Julio Llamazares publicada en 1988. A compañía madrileña Producciones (In)constantes presenta un coidado e exquisito traballo no que a música en directo, interpretada por Francisco Lumbreras, a escenografía ou a iluminación acompañan a sobresaínte actuación de Chema de Miguel. Entre todos, conseguen envolver ao espectador nunha mansa choiva amarela. O monólogo do último habitante dunha vila convértese en teatro na súa versión máis espida, emocionante e verdadeira.

Montse Muñoz é a compositora da música, mentres que o vestiario é de Ana Rodrigo, a iluminación de José Manuel Guerra, a adaptación da novela de José Ramón Fernández e a dirección de Emilio del Valle. constantes teatro nace en 1994 co obxectivo de investigar nos xéneros e estilos teatrais na busca da inmediatez, da urxencia. Nesta andaina, a compañía ten empregado textos de autor ou ten creado dramaturxias propias. As producións de (In)constantes alternan traballos de corte comercial con outros de investigación pura e dura.

Compartir: