Inicio Carballo ao día Hemeroteca A capital carballesa acolle o vindeiro 19 de...

DEPORTE

A capital carballesa acolle o vindeiro 19 de abril a III Carreira Pedestre Popular da Costa da Morte

Martes 24 de marzo do 2009

A carreira repartirá 4.000 euros en premios, con igualdade de contías para as categorías masculina e feminina. Ademais, está previsto distinguir ao primeiro clasificado entre os corredores nados nos Concellos da Costa da Morte e tamén aos primeiros de entre os nados no Concello de Carballo. O percorrido da carreira, segundo explica o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, é "o máis urbano posible para achegalo a toda a poboación de Carballo". Así, transcorrerá por numerosas rúas da capital municipal como a Gran Vía, a Vázquez de Parga, o entorno do Chorís, a zona do San Martiño ou a rúa Sol. A carreira ten a súa saída na Praza do Concello ás 10.30 horas para os adultos; ás 11.30 horas para infantís, cadetes e xuvenís; e ás 11.35 para benxamíns e alevíns.

As inscricións para participar poden formalizarse na Casa do Concello de Carballo de 9.00 a 14.00 horas e tamén nas tendas de Deportes San Remo da capital municipal, da Laracha e Arteixo en horario comercial. Os interesados e interesadas tamén poden inscribirse de luns a venres na delegación do Grupo Correo Gallego en Cee de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas. O prazo de anotacións comeza o 2 de abril e remata o mércores 15 de abril ás 19.30 horas. Tamén está dispoñible un teléfono de información: 981 74 77 18. Esta III Carreira Pedestre Popular da Costa da Morte pretende, segundo Evencio Ferrero, "seguir traballando novas formas de ocio e tempo libre relacionadas co mundo do deporte".

Os interesados en obter máis información sobre as inscricións poden premer aquí.

Compartir: