Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello participa no Programa de apertura de...

CONCELLARÍA DE EDUCACIÓN

O Concello participa no Programa de apertura de centros educativos fóra do horario lectivo

Mércores 25 de marzo do 2009

Estes obradoiros son voluntarios e van dirixidos a nenos e nenas de educación Infantil, Primaria e Secundaria, e nestes momentos estanse levando a cabo no Centro Rural Agrupado (CRA) Ponte da Pedra e na maioría dos centros de ensino e institutos do municipio. Entre as temáticas destas actividades, están os obradoiros de animación, de resolución de conflitos, de piares básicos de aprendizaxe ou de acompañamento e reforzo. Unha parte do programa tamén se destina á prevención do absentismo escolar e do abandono temperán dos estudos.

A Concellaría de Educación que dirixe Mar Eirís subliña que as actividades que se están desenvolvendo nestes momentos en cada un dos colexios foron elixidas a través de xuntanzas coas direccións e as ANPAS de cada un dos centros educativos con obxecto de adaptar os obradoiros ás necesidades de cada alumnado. Este programa procura que os nenos e nenas poidan optimizar os seus tempos extra escolares e aprender habilidades e competencias sociais que lles esixe a realidade cotiá.

Compartir: