Inicio Carballo ao día Hemeroteca As asociacións de Carballo participan nun...

CONCELLARÍA DE CULTURA

As asociacións de Carballo participan nun novo encontro para intercambiar experiencias e traballar conxuntamente

Xoves 26 de marzo do 2009

As asociacións de Berdillo, A. Cultural Arume, A. Xuvenil Arume, Unión Democrática de Pensionistas, A. de Veciños San Lourenzo, A. Deportiva San Lorenzo, A. Deportiva de Veteranos, o Consello Parroquial e a Comisión de festas de Berdillo, serán nesta ocasión as entidades anfitrioas do encontro. A xornada, seguindo o modelo do encontro anterior, contará cunha primeira parte onde as entidades que traballan en Berdillo e constitúen, xunto co Concello, a Comisión de Xestión do Centro Social, lles presentarán ao resto de asistentes o seu traballo e o espazo onde realizan as súas actividades.

Para finalizar as xornadas, para continuar o debate e propiciar o desenvolvemento de accións conxuntas, o sociólogo Jorge Fente Balsa, experto en dinámicas de participación e en grupos sociais, coordinará un pequeno obradoiro de traballo colaborativo para proxectos comúns entre asociacións. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, abre o encontro ás 10.15 horas xunto con Jesús Cobas Vazquez, representante das entidades de Berdillo. Será clausurado ás 13.45 horas pola Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro. O peche consistirá nunha actuación dos grupos de baile tradicional de Arume.

Compartir: