Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello acóllese ao Programa Xuntos...

SERVICIOS SOCIAIS

O Concello acóllese ao Programa Xuntos polo Nadal

Luns 7 de novembro do 2005

Co desexo de que as persoas maiores do Concello de Carballo, que se atopen en condicións de asistir a este programa, poidan formular ás súas solicitudes, a concellaría de Servicios Sociais facilita os modelos para inscribirse na segunda planta do Concello, ou ben no Centro da Terceira Idade de Carballo. Os interesados deberán presentar o DNI, a certificación da pensión que percibe, a Declaración da Renta -ou Declaración negativa de Facenda-, o certificado de Empadroamento e Convivencia -que expide o propio Concello- e un informe médico, incluido na solicitude que se pode recoller en Servicios Sociais. As solicitudes, debidamente cumprimentadas e acompañadas da documentación pertinente, terán que dirixirse antes do 21 de novembro á Delegación Provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, situada na rúa Concepción Arenal, 7-9, 15006 A Coruña.

Compartir: