Inicio Carballo ao día Hemeroteca A fin de semana acolle o Feirón de...

PROMOCIÓN ECONÓMICA

A fin de semana acolle o Feirón de Primavera para potenciar o mercado e o comercio local

Venres 27 de marzo do 2009

Nesta ocasión Merca-do bo desenvólvese arredor dunha Feira do Cooperativismo, na que nove sociedades de diferentes sectores achegarán as súas propostas ao público carballés, co que se busca divulgar o cooperativismo da zona e dar a coñecer esta iniciativa de emprego. As cooperativas participantes son: Frugal, S. Coop.: Produtos deshidratados; Palilleiras de Muxía, S. Coop: Encaixe de bolillos; Erica Mel, S. Coop.: Mel; Mel Flor do Xallas, S. Coop: Mel; Carcopa, S. Coop: Autoescola; Promundos, S. Coop.:Comercio Xusto; Como Cabras, S. Coop.: Queixo de cabra e mermeladas; A.C.5, S. Coop.: Ambientación e construcción escenográfica; Stand Unións de Cooperativas. A carpa de Merca-do bo estará aberta o 29 de marzo de 9.30 a 14.30 horas.

No que respecta á Feira das Oportunidades, está especialmente dedicada ao comercio local, e consistirá na instalación dunha carpa con 500 metros cadrados útiles que contará con 26 stands, a maioría deles ocupados por establecementos do CCA, principal promotor, co Concello, desta iniciativa. Os veciños e veciñas poderán mercar miles de artigos de primeira calidade a prezos de oportunidade e con establecementos moi variados e produtos de moda, decoración, calzado, óptica, alimentación, etc. A feira estará aberta no San Martiño o 28 e 29 de marzo de 10.00 a 21.00 horas.

Compartir: