Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o proxecto de urbanización do...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o proxecto de urbanización do polígono 34 da capital municipal, situado no entorno de Pedrafurada

Luns 30 de marzo do 2009

Así mesmo, a sesión serviu para dar luz verde a varias certificacións de obras por un importe de 96.217 euros. En primeiro lugar, a certificación única da obra 'Beirarrúas perimetrais e viais interiores da Praza dos Xulgados', por un importe de 39.978 euros. Así mesmo, a certificación única da 'Construción dunha marquesiña no CEIP Xesús San Luís Romero', por 18.100 euros. Por último, a Xunta de Goberno aprobou a certificación segunda da segunda fase da 'Rede de saneamento en Queo-Bértoa', por 38.139 euros. Nestes momentos quedarían por certificar 72.319 euros dun proxecto cun importe de 160.660.

No apartado de convenios, saíu adiante un entre o Concello e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o desenvolvemento no municipio do programa 'Xantar na casa' para asistir a persoas dependentes. Así mesmo, aprobouse un convenio entre a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para o programa 'Vacacións en Paz 2009', polo que un grupo de nenos e nenas procedentes do Sáhara poden pasar as súas vacacións cunha familia carballesa.

Por último, a Xunta de Goberno aprobou as bases para a convocatoria de varias subvencións para o ano 2009, como as destinadas a viaxes escolares; as subvencións das Anpas para o seu 'Programa de actividades'; as axudas para Festas populares ou actividades puntuais desenvolvidas durante o ano 2009; e as subvencións destinadas aos Programas e actividades ou investimentos culturais e educativos de carácter excepcional.

Compartir: