Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde da corporación para a...

SESIÓN PLENARIA DE ABRIL

Luz verde da corporación para a aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo (RPT)

Martes 31 de marzo do 2009

A sesión tamén supuxo luz verde para abrir o expediente dunha operación de crédito incluída no orzamento de 2009. Este empréstito ascende a 2,5 millóns euros e con esta cantidade está previsto financiar proxectos como o mercado municipal, o Forum Carballo, dúas galescolas ou o abastecemento de auga a Baldaio, entre outros. Precisamente a sesión incluíu varios asuntos económicos que saíron adiante, como un suplemento de crédito con cargo ao remanente de tesourería, -que supera os 1,8 millóns de euros- para afrontar o custo da RPT para 2009; un recoñecemento extraxudicial de crédito de 349.494 euros, que supón un 1,3 por cento do global do orzamento municipal; e un crédito extraordinario para a posta en marcha do comedor sobre rodas.

O pleno serviu tamén para aprobar a constitución dun Rexistro Municipal de Soares -obrigatorio para poder realizar o alleamento de terreos municipais- e para sacar adiante o Plan de travesías 2008-2011 da Deputación, no que se inclúe un proxecto por 51.978 euros para completar a dotación de beirarrúas en Requeixo-Bértoa, e para o que o Concello xa ten a dispoñibilidade dos terreos. Así mesmo, a corporación aprobou unha modificación puntual do PXOM que afecta ao entorno da estrada de Razo e que responde a unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que estes terreos (situados no entorno co colexio Artai) pasarán agora a ser chan urbano consolidado. Por último, o pleno supuxo a renuncia da edila do BNG, Lourdes Rey Fau, que ata o de agora viña desenvolvendo o labor de Concelleira de Sanidade, Igualdade, Emigración e Terceira Idade.

Compartir: