Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os corredores da categoría de adultos da...

ABERTO O PRAZO ATA O 15 DE ABRIL

Os corredores da categoría de adultos da III Carreira Pedestre Costa da Morte poden inscribirse a través da Internet

Martes 7 de abril do 2009

Pola súa banda, as categorías escolares poden formalizar as súas inscricións na Casa do Concello de Carballo de 9.00 a 14.00 horas, e tamén nas tendas de Deportes San Remo da capital municipal, da Laracha e Arteixo en horario comercial. Os interesados e interesadas poden anotarse, así mesmo, de luns a venres na delegación do Grupo Correo Gallego en Cee de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas e por medio do correo electrónico de El Correo Gallego na comarca: <comercialcostadamorte@elcorreogallego.es>. O prazo remata o mércores 15 de abril ás 19.30 horas. A carreira ten a súa saída na Praza do Concello de Carballo ás 10.30 horas para os adultos; ás 11.30 horas para infantís, cadetes e xuvenís; e ás 11.35 para benxamíns e alevíns.

En canto á procedencia dos que xa cursaron a súa inscrición na proba, destacan os de Lugo, A Coruña, Santiago, Ourense e Teo. Da Costa da Morte, mandan os de Carballo, Laxe e Cabana de Bergantiños. Entre os anotados figuran tamén un atleta ruso e unha corredora arxentina. Hai que subliñar, así mesmo, que tódolos corredores contarán antes, durante e despois da carreira, cos servicios dun equipo de profesionais da fisioterapia, por medio dun convenio asinado pola organización co Colexio Profesional de Fisioterapeutas de Galicia. Os que desexen ampliar información, poden facelo no teléfono 981 74 77 18.

Compartir: