Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello finaliza os traballos para crear unha...

OBRAS

O Concello finaliza os traballos para crear unha senda peonil no Outón, parroquia de Rus

Luns 13 de abril do 2009

No seu momento, e coincidindo cos traballos de mellora realizados pola Consellería, o Concello xa asumira a instalación dunha rede de sumidoiros e de pluviais para evitar ter que realizar estes traballos posteriormente, unha vez arranxada a vía. Agora, a administración local vén de rematar os traballos de urbanización da zona, facilitando o acceso para os veciños e veciñas do lugar. Hai que lembrar que o acondicionamento e mellora da AC-400 xurdiu no seu momento, ademais de polo seu deterioro, a raíz dunha petición realizada polo Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, xunto cos rexedores de Cerceda, Santa Comba e Tordoia.

Os traballos no tramo carballés da AC-400 entre A Silva (Cerceda) e Bazar (Santa Comba) desenvolvéronse ao longo do ano 2007 e o seu custo chegou a rondar os 2,2 millóns de euros. Esta cantidade foi empregada para arranxar e ensanchar o firme da vía nun tramo de 18,4 quilómetros de lonxitude -situado entre os puntos 28,6 y 47 da AC-400. Parte deste tramo transcorre, precisamente, polo Outón e a parroquia de Rus, zona na que se veñen de realizar estas novas melloras para facilitar a circulación dos peóns.

Compartir: