Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o convenio para a xestión do...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o convenio para a xestión do futuro Centro de día da praza de Vigo

Martes 14 de abril do 2009

No apartado de convenios, a Xunta de Goberno tamén supuxo o visto bo para un convenio de cooperación entre a DXT e o Concello de Carballo en materia de controis de velocidade. Así, a Policía Local contará coa cesión temporal dun vehículo para realizar este tipo de vixilancia. O Concello enviará os resultados dos controis á Dirección Xeral de Tráfico para que poidan tramitarse os correspondentes expedientes sancionadores. Por último, aprobouse un acordo do Servizo Galego de Saúde para o desenvolvemento en Carballo de programas relacionados co tratamento das drogodependencias.

Por último, a Xunta de Goberno tamén serviu para aprobar varias certificacións de obra: a segunda e última para a 'Rede de saneamento en O Pereiro', na parroquia de Sofán, por 1.563 euros; a cuarta do 'Proxecto básico e de execución de vestiarios, cerramento e muro de contención no campo de fútbol' anexo das Eiroas, por 23.848 euros; e a certificación terceira e última da obra 'Rede de saneamento en Vilar do Carballo', na parroquia de Oza, por 2.582 euros. A sesión tamén supuxo a aprobación dos prezos e do programa de Primavera en danza 2009.

Compartir: