Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo promove a reflexión social sobre...

OUTORGARASE UN PREMIO DE 1.200 EUROS E A PUBLICACIÓN DO ARTIGO GAÑADOR

Carballo promove a reflexión social sobre a situación da lingua galega co V Premio a artigos xornalísticos

Mércores 15 de abril do 2009

As temáticas dos artigos tamén poden estar relacionadas co estatusdo idioma, co argumentario en defensa do uso do galego, coa lexislación e os dereitos lingüísticos, con experiencias sociolingüísticas concretas ou con accións de impulso ao uso social do galego. Os artigos deberán ter entre 2.500 e 3.500 caracteres con espazos incluídos (entre 400 e 550 palabras, aproximadamente). O prazo de admisión estará aberto até o próximo día 8 de maio.

Outorgarase un premio económico ao artigo gañador, dotado con 1.200 euros, ademais da publicación nos dez medios colaboradores coa iniciativa: A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, O Acontecer, Tempos Novos, Vieiros e Xornal de Galicia. Nas catro edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños, Séchu Sende, Kiko Novoa e Xesús Fraga. As bases completas do premio poden consultarse nesta mesma nova, na marxe superior dereita. Tamén se pode obter máis información no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico <normalizador@carballo.org>.

Compartir: