Inicio Carballo ao día Hemeroteca Vanesa Viña renuncia ao seu cargo de...

CORPORACIÓN MUNICIPAL

Vanesa Viña renuncia ao seu cargo de concelleira

Luns 7 de novembro do 2005

A concelleira de Praias, Cemiterio e Terceira Idade catalogou a experiencia de "moi boa, na que aprendín moito e da que me levo un recordo moi bonito". O concelleiro delegado de Urbanismo e portavoz do CDI, Manuel Andrade, lamentou a desvinculación de Vanesa Viña da Corporación Municipal xa que "é unha rapaza que representa á xuventude do municipio. Queremos que siga no equipo e, se a súa situación laboral o permite, que se incorpore na próxima lista da nosa formación". A persoa que ocupará o seu posto na Corporación Municipal será, con case toda probabilidade, Antonio Nogueira Casais. Manuel Andrade, ademáis, anunciou un posible reaxuste no reparto de responsabilidades nas áreas de goberno do grupo municipal do CDI, unha situación que o propio grupo determinará nunha próxima xuntanza.

Compartir: