Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de mil persoas inscritas na III...

DOMINGO 19 DE ABRIL

Máis de mil persoas inscritas na III Carreira Pedestre Costa da Morte que se celebra en Carballo

Venres 17 de abril do 2009

En canto á procedencia dos inscritos, destacan os procedentes de Lugo, A Coruña, Santiago, Ourense ou Teo, por exemplo. Da Costa da Morte, mandan os de Carballo. Entre os anotados figuran tamén un atleta ruso e unha corredora arxentina. Hai que subliñar, así mesmo, que tódolos corredores contarán antes, durante e despois da carreira, cos servicios dun equipo de profesionais da fisioterapia, por medio dun convenio asinado pola organización co Colexio Profesional de Fisioterapeutas de Galicia.

O Concello de Carballo -coorganizador da cita xunto co Grupo Correo Gallego- informa aos veciños e veciñas que varias rúas da capital municipal permanecerán pechadas o domingo pola mañá debido ao percorrido da carreira. Así, os corredores percorrerán as seguintes rúas: Gran Vía, Doutor Fleming, Vila de Corcubión, Vila de Noia, Avenida de Bergantiños, Alfredo Brañas, Vázquez de Parga, Camiño Novo, Fomento, Río Anllóns, Río Miño, Río Lérez, San Martiño, Igrexa, San Xoán, Santa Ana e Sol. A carreira ten a súa saída na Gran Vía á altura da Praza do Concello ás 10.30 horas para os adultos; ás 11.30 horas para infantís, cadetes e xuvenís; e ás 11.35 para benxamíns e alevíns. Os interesados en consultar as rúas que permanecerán cortadas, poden facelo na marxe superior dereita desta nova.

Compartir: