Inicio Carballo ao día Hemeroteca As obras do Plan de Infraestruturas do Medio...

ONCE ACTUACIÓNS

As obras do Plan de Infraestruturas do Medio Rural chegan á súa recta final

Xoves 23 de abril do 2009

O plan contempla un total de once actuacións noutras tantas parroquias, todas elas encamiñadas á mellora das infraestruturas viarias en áreas afastadas do núcleo urbano. Coa finalización das obras, próxima a realizarse, o municipio gozará dunha cómoda rede de comunicacións adaptada ás necesidades das distintas parroquias.

As obras executadas no marco do PEIM 2008 realizáronse nos seguintes puntos: Camiño de Berbía (Entrecruces); Camiño Gomarís-Calvos (Rus); Camiño Esteves-San Mamede (Ardaña); Camiño Ballotas Santa Cruz-Cornaces (Aldemunde); Camiño Autovía-Leboreo (Bértoa); Camiño Chacín-Esmorís (Berdillo); Camiño Campo de San Salvador-Os Vicentes-Paradela (Sofán); Camiño Punta del Este-Vilares (Sísamo); Camiño Monte de Rego-Xende (Sofán); Camiño Estrada Partiñas ao Seixo; e Camiño de Xoane. En datas moi próximas rematarán as poucas actuacións que aínda están a executarse.

Compartir: