Inicio Carballo ao día Hemeroteca A corporación de Carballo celebra nova...

SESIÓN ORDINARIA

A corporación de Carballo celebra nova sesión plenaria o vindeiro luns 27

Venres 24 de abril do 2009

A vindeira sesión plenaria da corporación celebrarase o luns 27 ás 20:30 horas. Os puntos da orde do día son os seguintes: en primeiro lugar, abordarase a adxudicación da operación de crédito, seguida do suplemento de crédito 02/09. Trataranse tamén a dación de conta da liquidación do orzamento do exercicio 2008 do Concello de Carballo e do Padroado Deportivo Municipal, ademais da dación de conta dos expedientes de xeración de crédito do segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2008.

Durante a sesión plenaria terá lugar, así mesmo, a toma de posesión de Carmen Regueira Baldomir como nova concelleira do grupo municipal do BNG.

Compartir: