Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello solicita unha subvención...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello solicita unha subvención á Vicepresidencia para a elaboración do III Plan de Igualdade de Carballo

Luns 27 de abril do 2009

Por outra banda, a Xunta de Goberno sacou adiante a aprobación de varios convenios de colaboración con diversas institucións. Así, aprobouse un coa Universidade da Coruña para o desenvolvemento do V Curso de Verán sobre dinamización lingüística 'Traballando en Lingua', así como outro coa Deputación Provincial para o mantemento do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo durante o período 2009-2011 cunha achega de 12.000 euros. Por último, deuse luz verde a unha colaboración coa Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para o mantemento do modelo de excelencia europeo EFQM para a redución do consumo de drogas no Concello.

Xa no apartado de obras, aprobouse a terceira certificación da segunda fase da 'Rede de saneamento en Queo-Bértoa', unha obra realizada pola empresa Construcciones Ramón Vázquez y Reino SL por un importe de 160.660 euros. Nestes momentos tan só faltan por executar 23.748 euros do total. Por último, a Xunta de Goberno sacou adiante catro licenzas de obra, cinco licenzas de obra e apertura e catro licenzas de primeira ocupación.

Compartir: