Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello inaugura a praza do Outeiro, situada...

OBRAS E SERVIZOS

O Concello inaugura a praza do Outeiro, situada frente aos novos xulgados e construída polos alumnos e alumnas da escola obradoiro

Xoves 30 de abril do 2009

A escola obradoiro encargada da urbanización da praza principiou a súa andaina o pasado mes de xuño de 2008 e ten como finalidade a mellora da ocupabilidade das persoas desempregadas menores de 25 anos mediante a realización de obras ou servizos de interese xeral e social. A Praza do Outeiro conta xa con tódolos servizos, incluído o alumeado público. Ten 1.510 metros cadrados de zona axardinada, dotada de rego por sectores con aspersores automáticos, muros de pedra e bancos de madeira. Tamén conta con 100 metros de xogos infantís e unha zona de beirarrúas e paseos interiores de 1.100 metros cadrados.

O acto contou coa presenza, entre outros, do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; do Tenente de Alcalde, José Antonio Viña; do Concelleiro de Obras, Luís Lamas; e da Concelleira de Formación, María Manso. Esta última quixo subliñar a necesidade contribuír á conservación da praza en perfecto estado, e solicitou aos veciños e veciñas que colaboren no coidado deste novo espazo. Á inauguración tamén asistiron os alumnos e o director da escola obradoiro, Andrés Seoane, así como representantes da familia García Facal.

Compartir: