Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Telecentro de Carballo xa conta con preto de...

NOVAS TECNOLOXÍAS

O Telecentro de Carballo xa conta con preto de 600 usuarios rexistrados e 370 persoas teñen participado nos seus obradoiros

Luns 4 de maio do 2009

Nesta ocasión, os obradoiros impartidos foron de 'Creación de Correo Electrónico' e estiveron dirixidos ao colectivo de mulleres e maiores da zona. Así mesmo, no último mes 39 persoas inscribíronse como novos usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que esta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 423 ocasións. Para solicitar máis información sobre as actividades da Rede de Dinamización no Telecentro, os interesados e interesadas poden dirixirse ao Pazo da Cultura na Rúa do Pan, chamar ao teléfono 981 704 300 ou mandar un correo electrónico ao enderezo <soraya.carballo@dinamiza.sociedadedainformacion.eu>.

Hai que lembrar que a Rede de Dinamización da Sociedade da Información axuda a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa das novas tecnoloxías. A Rede conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

Compartir: