Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Pan de Carballo e a 'Ternera Gallega'...

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Pan de Carballo e a 'Ternera Gallega' centran a oferta do Feirón Gastronómico do 31 de maio

Venres 22 de maio do 2009

Esta carpa estará aberta en horario de 10.00 a 15.00 horas e colaboran nas Xornadas Gastronómicas, ademais do Concello de Carballo, a Asociación Gastronómica Costa da Morte, a Asociación Hostaleira de Bergantiños e a Fundación Amigos de Galicia. Numerosos establecementos hostaleiros ofrecerán menús nesta carpa, na que os visitantes da feira poderán repoñer forzas ao longo da mañá. Estas actividades están complementadas, e como novidade respecto a outros feiróns, coa atracción 'A Caixiña dos Mistos', un cine infantil sobre rodas. Tratase dunha caravana na que se proxectarán máis de 20 películas de entre 15 e 20 minutos de duración. Moitas familias poderán deixar aquí aos seus cativos e cativas mentres realizan as súas compras.

O Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel García Guillín, quere subliñar o éxito que están tendo ata o momento os Feiróns de Tempada, xa que nas tres citas anteriores tense comprobado "unha repercusión moi positiva na dinamización das feiras e mercados e do comercio de Carballo". O Alcalde carballés, Evencio Ferrero, quere "invitar ás familias a que veñan e que desfruten dos produtos de altísima calidade que se poden atopar na feira de Carballo", e tamén convocou o bo tempo xa que "se o tempo acompaña estamos seguros de que Carballo vai vivir unha xornada de moitísimos visitantes".

Compartir: