Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicadas redes de saneamento en Goiáns,...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicadas redes de saneamento en Goiáns, Berdillo e Sofán por un importe de 120.000 euros

Luns 25 de maio do 2009

Así mesmo, a sesión serviu para sacar adiante dous expedientes de contratación. Aprobouse o relativo ao contrato de servizos para a 'Coordinación, xestión e seguimento do proxecto do Centro de dinamización socioeconómico sostible do Concello de Carballo (Forum Carballo), cofinanciado conforme ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Local (Feder). O prezo do contrato previsto é de 58.541 euros, mentres que o director previsto para os traballos é Juan Lorenzo, xestor do Centro de Formación de Carballo. Tamén saíu adiante o expediente para o 'Contrato administrativo especial de alleamento dunha parecela situada no chan SRAU I-4 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, no lugar de Campo, en Chousa Redonda.

A Xunta de Goberno aprobou, ademais, un Convenio de colaboración entre a Fundación Laboral de Construcción e o Concello para a realización do curso 'Instalacións de enerxías renovables en edificios', pertencente á programación de accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores desempregados. Asináronse tamén acordos para o desenvolvemento do III Torneo de hockei a patíns Concello de Carballo e para a contratación de animadores técnicos deportivos municipais.

Compartir: