Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello reparte máis de 4.000 euros en...

CONCELLARÍA DE CULTURA

O Concello reparte máis de 4.000 euros en premios e subvencións nos concursos convocados no programa de Festas de San Xoán

Martes 26 de maio do 2009

Co obxecto de facelos máis atractivos, este ano realizáronse algunhas modificacións no Concurso de Cachelas e no Gran Prix de Carrilanas. No concurso de Cachelas incrementouse o 1º premio á cifra de 500 euros e tamén ás subvencións á participación que este ano poden ir dende os 20 euros ata un máximo de 50 euros por cachela, en función da calidade e elaboración das mesmas. No Gran Prix de Carrilanas, tras as peticións de anteriores participantes aos que se lles facía curto o percorrido e para conseguir así maior emoción para concursantes e público, a carreira celebrarase en dúas fases, unha pole e o Gran Prix.

  • XXII EDICIÓN DO CONCURSO DE CACHELAS:
    -DATA DE CELEBRACIÓN: 23 de xuño entre as 19:00 e as 23:00
    -REQUISITOS: As cachelas non poderán realizarse con materiais plásticos, botes de spray, pneumáticos, combustible, ou árbores autóctonas como carballo, acivro, loureiro, catiñeiro... Deberán ubicarse en lugares que non supoñan ningún perigo para o entorno.
    -SUBVENCIÓNS: Este ano aumentaron as subvencións por participar tendo unha axuda de entre 20 e 50€, segundo determine o xurado en función da súa calidade
    -PREMIOS: O primeiro premio foi incrementado con respeto ao do ano pasado. 1º premio: 500 €, 2º premio: 200 €, 3º premio: 150 €, 4º premio: 100 €. O xurado poderá outorgar accésits por un valor de 90€.
  • X GRAN PRIX DE CARRILANAS:
    -DATA DE CELEBRACIÓN: 27 de xuño ás 18.30h
    -REQUISITOS: Carrilanas de construcción artesanal, quedando prohibido a utilización de motor, pedais ou poleas para a súa propulsión. É obrigatorio ter un sistema de freado na carrilana. Os pilotos deberán levar todo o corpo cuberto, quedando prohibida a manga e o pantalón curto, e será obrigatoria a utilización de casco.
    -PREMIOS: Os premios están patrocinados por MOTOR CARBALLO: 1º premio á velocidade: 200 €, 2º premio á velocidade: 100 €, 3º premio á velocidade: 90 €, 1º premio especial á velocidade da carrilana clásica: 200 €, 2º premio especial á velocidade da carrilana clásica: 100€, premio especial á mellor carrilana: 120 €, premio especial aos concursantes máis orixinais: 100€. O xurado poderá outorgar accésits por un valor de 90€.

    -NOVIDADES: Este ano, tras reiteradas peticións dos participantes de anos anteriores, a carreira celebrarase en dúas fases, unha pole e o Gran Prix. Na pole as carrilanas percorrerán o itinerario individuamente e cronometrarase o tempo realizado. No Gran Prix, as carrilanas farán unha saída conxunta e a orde de saída determinarase en función dos tempos obtidos na pole. A organización poderá realizar diferentes saídas segundo os distintos tipos de carrilanas ou as idades dos participantes. Colabora coa organización Alquileres Reneymar.
  • XII DESCENSO DO ANLLÓNS:
    -DATA DE CELEBRACIÓN: 25 de xuño a partir das 18.00h da tarde.
    -REQUISITOS: Vehículos de construcción artesanal, que poderá ser propulsada por calquera medio agás a propulsión mecánica a motor.
    -PREMIOS: 1ºpremio á embarcación máis orixinal: 200€, 2ºpremio á embarcación máis orixinal: 100€, 1ºpremio á tripulación máis simpática: 150€, 2ºpremio á tripulación máis simpática: 70€, 1ºpremio ás probas de habilidade: 100€, 2ºpremio ás probas de habilidade: 50€, premio á embarcación máis veloz: 100€. O xurado poderá outorgar accésits por un valor de 90€
    -SUBVENCIÓNS: 20€.

A Comisión de Festas quere animar a todos os nenos e adultos a participar activamente nestes concursos. Lembramos que ata o día 20 de xuño está aberto o prazo de inscrición. Os interesados en participar deberán formalizar a inscrición no Museo de Bergantiños (de martes a venres 12.00-14.00 horas / 18.00-20.00 horas, martes e xoves ata as 21:00 horas e sábado de 12.00- 14.00 horas). Máis información no Museo de Bergantiños (981 702 077) o na Concellería de Cultura do Pazo da Cultura (981 704 300)

Compartir: