Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Pavillón da Zona Escolar de Carballo...

O CONCELLO COLABORA NA ESCOLA DEPORTIVA DE VERÁN 2009 DO BASKET XIRIA

O Pavillón da Zona Escolar de Carballo acolle a fase final da Liga zonal A Coruña de baloncesto na categoría cadete masculina

Xoves 28 de maio do 2009

Así mesmo, o Concello de Carballo e a Escola Basket Xiria informan da posta en marcha, por terceiro ano, da súa Escola Deportiva de Verán, que ten lugar en xullo e agosto no Pavillón IES Isidro Parga Ponda da capital municipal. Así mesmo, o Concello de Carballo e a Escola Basket Xiria informan da posta en marcha, por terceiro ano, da súa Escola Deportiva de Verán, que ten lugar en xullo e agosto no Pavillón IES Isidro Parga Pondal da capital municipal. Trátase cunha convocatoria que conta con baloncesto, deporte, xogos e estudo de apoio, e que cada ano conta con máis aceptación entre os rapaces e rapazas da vila. Como novidades, este verán amplíase a catro horas, de 10.00 a 14.00 horas, ademais de que tamén se aumenta a idade ata os 14 anos, para acoller a alumnos de 1º e 2º de ESO. Así mesmo, está prevista a organización de excursións varios días ao mes, e, como cada ano, haberá unha festa da escuma e unha festa de fin de curso. O prezo das escolas é de 70 euros ao mes, con descontos para o segundo irmán, con 30 euros, e gratuidade para un terceiro irmán.

O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo expresar a súa ledicia por ver, "por un lado, cómo se seguen a organizar en Carballo fases finais de campionatos en todos os deportes", e por outro, por comprobar cómo a Escola de Verán "é unha actividade atractiva e interesante, lúdica e cada vez máis demandada", converténdose "nunha oportunidade formativa máis para o deporte e a todos os niveis". A inscrición para as Escolas de Verán pode realizarse nas oficinas do Pavillón do IES Parga Pondal. O director da Escola Basket Xiria, Víctor Mellini, informou de que a final do curso de verán, as nais e pais recibirán un informe sobre o rendementos dos seus fillos e fillas.

Compartir: