Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pecha o 30 de maio a tempada do...

CONCELLARÍA DE DEPORTE E TERCEIRA IDADE

O Concello pecha o 30 de maio a tempada do Programa de Exercicio Físico para Maiores

Xoves 28 de maio do 2009

O obxectivo deste programa de exercicio físico para a terceira idade é manter un nivel suficiente de capacidade funcional xeral, mellorar a saúde reducindo o risco de desenvolver ou volver a padecer determinadas doenzas e mellorar a seguridade ao facer exercicio. Os alumnos teñen estado todo o curso divididos en diferentes grupos, recibindo as sesións no pavillón da Zona Escolar, na Residencia do Maior, en Cances, Imende, Noicela, Razo, Rus e Berdillo).

Os asistentes á clausura realizarán unha breve mostra das actividades realizadas durante o ano, e que foron dirixidas polo Licenciado en Educación Física Manuel Varela Bardanca e a Monitora Susa Caamaño. Ás 10:30 o Alcalde do Concello de Carballo dará apertura ao acto en presenza dos Concelleiros das áreas responsables da actividade, Marcos Trigo Facal e Carmen Regueira Baldomir.

Compartir: