Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 150 persoas teñen...

CARBALLO SAUDABLE

Máis de 150 persoas teñen participado xa nesta nova quenda do programa 'Pasiño a pasiño'

Xoves 4 de xuño do 2009

Este percorrido é a continuación doutro realizado na primeira etapa de 'Pasiño a Pasiño' en 2008, no que máis de 100 sendeiristas percorreron a ruta entre Laxe a Camelle. Ata o de agora téñense celebrado xa neste 2009 dúas rutas do programa 'Pasiño a pasiño', e nesta primeira quenda antes do verán faranse 4 rutas, as mesmas que terá a segunda quenda en outono. O Concello de Carballo , da deste xeito continuidade a unha actividade que no ano 2008 contou con 400 participantes, con idades entre os 5 e os 79 anos. É unha actividade axeitada para persoas de tódalas idades que non presenten contraindicación absoluta para facer exercicio físico.

Entre os obxectivos das rutas de 'Pasiño a pasiño' destacan: influír na poboación conseguindo estilos de vida activos e saudables; fomentar o sendeirismo como actividade física de media intensidade e incrementar o gasto calórico semanal; fomentar actividades físicas saudables en familia como forma de ocio activo. Antes do verán realizarase outro roteiro o día 13 de xuño. Para máis información, os interesados e interesadas poden acudir ao segundo andar nas oficinas do Concello de Carballo, ou chamar ao 981 702 109 en horario de mañá.

Compartir: