Inicio Carballo ao día Hemeroteca Mulleralia presenta o programa Rodela, de...

IGUALDADE E BENESTAR

Mulleralia presenta o programa Rodela, de acompañamento ás vítimas de violencia de xénero

Xoves 11 de xuño do 2009

O Programa Rodela vai dirixido a aquelas mulleres que desexan saír dunha situación de violencia de xénero producida polo varón, parella ou ex parella, e que solicitan este acompañamento. As mulleres que sofren violencia de xénero, unha vez decididas a actuar para modificar a situación , deben realizar numerosas xestións en institucións, xulgados, servizos de saúde, policía, etc., que varían en función de cada caso. Sobre todo durante os primeiros días faise especialmente necesario un acompañamento que, lonxe de tomar decisións por ela, garanta que sexa a muller quen as tome, de forma autónoma e coa información e no momento axeitado.

Os interesados e interesadas en obter máis información sobre esta iniciativa, poden facelo contactando coa Asociación Mulleralia, no número de teléfono 622 566 228. Por outra banda, está previsto que a este acto de presentación asistan a Secretaria Xeral de Igualdade, Marta González, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, a Concelleira de Igualdade e Benestar, Dores Silveira e a Presidenta de Mulleralia, María del Carmen Varela, así como representantes da asociación, as voluntarias do programa e numerosos convidados.

Compartir: