Inicio Carballo ao día Hemeroteca The Chesterfield Kings, Roy Loney &...

SAN XOÁN 2009

The Chesterfield Kings, Roy Loney & Señor No, Samesugas e Killer Cats, nunha nova edición do festival Rockin'

Xoves 18 de xuño do 2009

The Chesterfield Kings veñen dende EEUU para reproducir os sons das bandas punk dos garaxes americanos evolucionando cada ao folk, o rock máis puro ou incluso a psicodelia. Existen dende hai xusto 30 anos, e seguen dando caña no seu último traballo 'Psychodelic Sunrise'. Tamén participa o compositor principal dos primeiros e míticos Flaming Groovies, Roy Loney, que toca coa banda donostiarra, Señor No, cos que ten publicado o disco 'Got me a hot one' ao máis puro estilo rock&roll. É o LP número 13 na carreira de Loney, que espanta as supersticións co seu bo facer enriba dos escenarios.

A representación galega corre a cargo do grupo Samesugas, que son a banda de referencia do punk-rock&roll galego e que levan case dez anos de carreira, e dos carballeses Killer Cats, unha banda rockabilly formada no 2008 e na que todos os compoñentes proceden de antigas formacións locais de folk e de rock, como: Jesse James, Anónimos, La Crema y Marea Baixa. Para finalizar a noite, o bo facer dun dos grandes pinchadiscos das emblemáticas cabinas dos xa desaparecidos locais ponferradinos El Barracuda e El Saloon, que deleitaba con veladas de gran rock: Elbarracudo & Bigaszekene. Unha oferta inesquecible para principiar as actuacións musicais das Festas de San Xoán 2009.

Compartir: