Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrinca nas Eiroas a fase final do V Torneo...

DEPORTE

Arrinca nas Eiroas a fase final do V Torneo Internacional de Fútbol 7 Concello de Carballo

Venres 26 de xuño do 2009

Hai que subliñar que este ano, o torneo está marcado polas homenaxes, sendo un 'Memorial a José Luis Vara Olveira', un dos artífices da competición nos seus inicios, recentemente falecido; pero tamén hai mención para a organización do Arosa Fútbol 7, o torneo máis prestixioso de España, que inspirou ao de Carballo nos seus inicios, e para Milagres Lantes, polo seu labor de apoio ás escolas mentres foi delegada da Consellería de Cultura da Xunta. O presidente das Escolas Luis Calvo Sanz, Luciano Calvo, subliña que se trata dun "cartel moi atractivo" e tamén mencionou as dificultades económicas atopadas este ano para poder sacar adiante o torneo, finalmente superadas.

Dende o Concello o Alcalde, Evencio Ferrero, resalta a importancia de que Carballo volva ser a sede desta competición deportiva "cun cadro dunha altísima calidade". O obxectivo é que o torneo "faga as delicias de todos os afeccionados ao fútbol", segundo o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo. Os interesados e interesadas en consultar o cadro de enfrontamentos poden facelo nesta mesma nova. A final dispútase o domingo 28 de xuño ás 13.00 horas.

Compartir: