Inicio Carballo ao día Hemeroteca Avanzan os trámites para a...

XUNTANZA DA MESA DE CONTRATACIÓN

Avanzan os trámites para a adxudicación do proxecto de remodelación para crear un novo mercado de abastos

Luns 29 de xuño do 2009

Por outra banda, en próximos días haberá unha nova xuntanza da mesa para puntuar o resto dos aspectos -non relativos á solución técnica- das propostas presentadas, como poden ser a oferta económica ou o prazo de redacción do proxecto. Avanzan deste xeito os trámites para adxudicar a actuación para remodelar o mercado municipal, unha actuación que deberá ter en conta elementos como a integración do novo edificio no entorno ou o aspecto estético, así como outras variables máis prácticas, como o uso previsto para o primeiro andar, a documentación gráfica ou a descrición dos materiais.

Hai que lembrar que os cinto estudos que optan neste momento á execución do proxecto para o novo mercado carballés foron pre seleccionados pola mesa de contratación a finais do pasado mes de maio entre un total de once propostas. Dende ese momento, os cinco aspirantes dispuxeron de 20 días para a elaboración do proxecto básico e de execución para a remodelación do mercado, incluíndo os datos técnicos, os económicos e os relativos aos prazos. Hoxe vén de poñerse en marcha o proceso para que os expertos realicen a avaliación técnica.

Compartir: