Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo achégase outra vez a L’Isle...

VISITA DA CONCELLEIRA DE CULTURA

Carballo achégase outra vez a L’Isle Jourdain, vila francesa coa que está irmandada

Mércores 1 de xullo do 2009

O grupo parte da igrexa de Carballo o xoves 2 de xullo ás 00.00 horas e conta con chegar a L’Isle arredor das 18.00 horas do venres 3, cando será recibido polo alcalde da vila. O mesmo venres, ás 21.00 horas, antes dunha cea conxunta co Comité francés, actuará a Coral Aires de Bergantiños, que tamén se despraza até Francia -o que supón a súa primeira saída ao estranxeiro-, onde realizará outra actuación o sábado 4 de xullo, momento no que as autoridades francesas descubrirán unha placa en occitano, lingua na que tamén se celebrará unha misa o domingo pola mañá. O grupo carballés partirá novamente cara a Bergantiños o luns 6 ás 8.00 horas.

O Concello de Carballo está irmandado coa poboación francesa de L'Isle Jourdain dende novembro de 1994. Os vencellos que unen ambas as dúas vilas tradúcense cada ano en actos culturais ou intercambios escolares grazas aos que xorden novos lazos de amizade. Os interesados e interesadas poden obter máis información sobre o programa da viaxe ou sobre L'Isle Jourdain, capital da Gascuña Tolosana, poden realizar as súas consultas nesta mesma nova.

Compartir: