Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo participa con preto de 70 deportistas...

O BALONCESTO MASCULINO ARRINCA CUNHA VICTORIA CONTRA O SARRIA

Carballo participa con preto de 70 deportistas nos VIII Xogos do Eixo do Atlántico que se celebran entre o 5 e o 10 de xullo

Luns 6 de xullo do 2009

No que respecta ao ámbito deportivo, os representantes carballeses xa se teñen estreado nos Xogos. Un total de 27 deportistas dos equipos de Fútbol 7 e baloncesto Masculino, desputaron onte os seus primeiros partidos das fases previas de ditos deportes. En fútbol o rival era o Concello de Santiago, mentres que en baloncesto era o BLC Sarria de Lugo. O partido de Fútbol 7 resultou moi entretido aínda que non se marcara ningún gol. Ao principio, o equipo de Santiago impúñase no terreo de xogo debido o seu maior poderío físico, pero pouco a pouco os de Carballo se impuxeron no resto do encontro. As mellores ocasións de gol foron para os de Carballo incluso mandando algún balón ao pao na mellor xogada do partido.

Polo contrario o baloncesto masculino colleitou un importante triunfo contra o BLC Sarria por 5 puntos de diferencia 45-40. No descanso perdíase de 3 puntos pero os de Javier Varela, seleccionador carballés, puxéronse o mono de traballo e sacaron adiante o partido con claridade. Hoxe luns enfróntanse ás 17:00 horas no polideportivo municipal de San Diego a un dos favoritos para o triunfo final no baloncesto masculino, Concello de Ferrol. Ademais, hoxe incorpóranse á expedición de Carballo os deportistas de Balonmán masculino, Natación e Baloncesto Feminino: un total de 40 deportistas que completan os 67 participantes na súa primeira edición dos Xogos do Eixo do Atlántico.

Compartir: