Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicada a obra para instalar novo alumeado no...

URBANIZACIÓN DO POLÍGONO 9 DA CAPITAL MUNICIPAL

Adxudicada a obra para instalar novo alumeado no campo de fútbol do complexo das Eiroas

Martes 7 de xullo do 2009

Así, no campo principal procedeuse á substitución do céspede e da rede de rego por un importe de 305.900 euros, mentres que no campo anexo construiuse un novo módulo de vestiarios, un peche e muros de contención e colocarase un novo manto de céspede artificial e unha rede de rego, ademais da instalación de novo alumeado. Estas tres actuacións supoñen un importe cercano aos 600.000 euros. Deste xeito, o complexo deportivo das Eiroas converterase nunha instalación de referencia na comarca para a práctica do fútbol, dotado con dous campos de cespede artificial de última xeración, cos seus correspondentes vestiarios e iluminación.

Por outra banda a Xunta de Goberno adxudicou provisionalmente os traballos de urbanización do polígono 9 da capital municipal, situado no entorno da rúa Gravador Manuel Facal. A empresa é Construcciones Ramón Vázquez y Reino SL e o importe de adxudicación é de 142.680 euros. Estos traballos implican a apertura dunha nova rúa que comunicará coa Pintor Urbano Lugrís e tamén supoñen a dotacion de servizos, a renovación do pavimento e a creación de beirarrúas na marxe da vía Gravador Manuel Facal que carece delas.

Compartir: