Inicio Carballo ao día Hemeroteca O equipo carballés de Fútbol 7...

OS DE BALONMÁN MASCULINO PELEXAN POLO 5º POSTO

O equipo carballés de Fútbol 7 continúa invicto e sen ter encaixado ningún gol nos VIII Xogos do Eixo Atlántico

Mércores 8 de xullo do 2009

Na competición de balonmán masculino o equipo enfrontábase ao Guimaraes. O equipo portugués solucionou pronto o partido e marchouse con claras diferencias no marcador demostrando ser un equipo moi superior aos de Carballo. O final do encontro foi de 26-11 para os portugueses. Con esta derrota o equipo pasa a disputar a clasificación polo 5º a o 8º posto. En baloncesto masculino o equipo xogou ante o Concello de Vilagarcía de Arousa. Sabendo que o equipo disputaba o partido sen moitos dos seus xogadores, con ausencias como a de Abrahan e Bruno Calviño, o que se presentaba como un partido moi igualado acabou caendo do lado arousán. Os carballeses deron a cara a pesar das adversidades, e ao final perderon de 16 tantos.

Por último, hai que mencionar a actuación do equipo de baloncesto feminino. O equipo de Carballo disputou unha dobre xornada, pola mañá contra o Concello de Ferrol cun resultado de 60-9 que deixa claro a superioridade das ferrolás e pola tarde un partido de máis igualdade contra Vila Real que tamén se perdeu por 24 puntos de diferencia, 39-15. As rapazas de baloncesto principian agora a loita como clasificadas entre o 9º e o 10º posto. Na imaxe, pode observarse a parte da representación carballesa nos xogos baixo a Torre de Hércules.

Compartir: