Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os deportistas carballeses asisten á...

OS EQUIPOS DE FÚTBOL 7 E BALONCESTO LOITAN POLO 5º POSTO

Os deportistas carballeses asisten á clausura dos VIII Xogos do Eixo Atlántico antes de afrontar a xornada final da competición

Xoves 9 de xullo do 2009

No que respecta ao aspecto máis deportivo, hai que subliñar que o equipo de Fútbol 7 loitará ao final por acadar o 5º posto na competición. Os carballeses tiñan que gañar, e esperar que o Arousa non metera mais de 5 goles, para lograr ser primeiros de grupo. Carballo fixo o que tiña que facer pero o Arousa conseguiu gañar 5-0, metendo os dous últimos goles no ultimo minuto e acadando así o primeiro posto do grupo. Deste xeito Carballo xoga os partidos para disputar a clasificación entre o 5º e o 8º posto. O equipo de fútbol aínda non recibiu ningún gol en contra, o que demostra o bo papel do equipo.

O equipo de baloncesto masculino tamén loitará por acadar o quinto posto. Os carballeses foron claramente superiores no seu último partido, gañando por unha marcada diferencia. Con esta victoria lograron quedar segundos de grupo. Moi diferente a sorte das rapazas, que tras unha nova derrota loitan na polideportiva de Riazor pola clasificación dos postos 13º ao 14º. Por último, en balonmán masculino, o equipo de Carballo caeu derrotado por un só gol ante o Gaia portugués, polo que se xogan a clasificación ante o Ourense.

Compartir: