Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Vicepresidente da Deputación, Pablo...

O ENTE PROVINCIAL COLABORA NA FINANCIACIÓN DESTES PROXECTOS

O Vicepresidente da Deputación, Pablo Villamar, visita as obras da piscina Vila de Noia e a parcela do futuro Centro Social de Cances

Venres 10 de xullo do 2009

Pola súa banda, a corporación sacou adiante no pleno do pasado mes de xuño unha operación de crédito que permite aportar as cantidades necesarias para completar o financiamento, con 37.095 euros para os paneis solares e 64.235 para o centro social de Cances, para o que xa hai terreos dispoñibles e que ten un custo global de 321.177 euros. Para esta última actuación, a Xunta de Goberno Local vén de solicitar a autorización á Dirección Xeral de Patrimonio como paso previo á contratación das obras, ademais de completar a documentación do proxecto coa especificación do número de aparcadoiros que haberá dispoñibles no novo equipamento (un total de 20) ou o tipo de materiais.

En canto á piscina Vila de Noia, nestes momentos está realizándose unha remodelación das instalacións con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL). As obras de reforma avanzan a bo ritmo, xa que os operarios veñen de retirar as bancadas das instalacións. Xusto no lugar do graderío está previsto construír unha zona lúdica con spa, jacuzzi, sauna, vapor, banco quente e unha piscina de chapoteo para cativos e cativas. A achega de Deputación servirá para finalizar a reforma coa implantación dos paneis solares, mentres que tamén está pendente outra achega da Dirección Xeral de Deporte para reformar a sala de caldeiras.

Compartir: