Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicación provisional para a...

A EMPRESA É A CORUÑESA ABADEUS ARQUITECTURA SLP

Adxudicación provisional para a redacción do proxecto de remodelación do mercado de Carballo

Luns 13 de xullo do 2009

Este grupo de expertos avaliou cinco propostas doutras tantas empresas que optaban á execución do proxecto para o novo mercado carballés, e que tiñan sido pre seleccionadas pola mesa de contratación a finais do pasado mes de maio entre un total de once. Dende ese momento, os cinco aspirantes dispuxeron de 20 días para a elaboración dunha proposta que incluía algúns detalles sobre os datos técnicos, os económicos e os relativos aos prazos. O pasado 29 de xullo os expertos comezaron coa avaliación técnica, que finalmente deu hoxe como resultado a adxudicación provisional a Abadeus Arquitectura SLP.

A partir de hoxe comeza a conta atrás para que a adxudicación sexa definitiva, e dende ese momento abrirase o prazo para a redacción do proxecto, elaborado por unha empresa que xa conta con experiencia na elaboración de actuacións semellantes. O Concello espera que a futura praza de abastos converta o mercado nun espazo moderno, abordando a construción dun edificio que permita darlle azos ao comercio do centro e revitalizar a actividade dentro do propio mercado.

Compartir: