Inicio Carballo ao día Hemeroteca Iniciadas as obras de rehabilitación e...

CONCELLARÍA DE EDUCACIÓN

Iniciadas as obras de rehabilitación e acondicionamento do CEIP Fogar para crear dúas novas unidades de Educación Infantil

Mércores 15 de xullo do 2009

Está prevista a creación dunha nova aula empregando o antigo local da Asociación de Nais e Pais (ANPA), liberando ese espazo para crear unha unidade de Educación Infantil, un hall e unha rampla de acceso para minusválidos. Así mesmo, está previsto aproveitar o espazo do antigo local da caldeira para poder construír uns aseos para os nenos e nenas para os que habería un acceso dentro da propia aula. Entre os traballos que se están desenvolvendo, destaca a demolición de varios tabiques, a apertura de tres novas portas, o pintado e limpeza do local, a reposición do pavimento e do cableado ou a demolición dos antigos lavabos situados no interior do antigo local da ANPA.

Hai que lembrar que o Concello vén de aprobar no pleno do pasado mes de xuño un suplemento de crédito con cargo ao remanente de tesourería que recolle unha partida de 50.000 euros para a realización de traballos de reparación e conservación no CEIP Fogar da capital municipal. Con esta cantidade financiaranse parte das melloras para a creación das tres novas unidades de Educación Infantil.

Compartir: