Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrinca no Pazo da Cultura un cursiño de...

CENTRO DE FORMACIÓN

Arrinca no Pazo da Cultura un cursiño de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes no Domicilio dirixido ao fomento do emprego

Venres 17 de xullo do 2009

A actividade principia no Pazo da Cultura (na imaxe) o luns 20 de xullo e está xestionada polo Centro Municipal de Formación. Contará cun Servizo de Acompañamento Laboral como unha ferramenta de reforzo contra a situación das persoas desempregadas e en risco de exclusión social, cuxo obxectivo é dar resposta á necesidade de mellorar as súas perspectivas de integración a través dun servizo personalizado e especializado de inserción laboral. O Axente de Inserción Laboral acompañará ao alumnado no proceso de busca de emprego prestando asesoramento a potenciais emprendedores/as e realizando tarefas de intermediación laboral para coñecer as demandas do tecido empresarial.

A Rede Xiana pretende a implementación dun programa de fomento do emprego para 90 concellos de toda a provincia a través dunha rede de traballo técnico, político, económico e social que traballe por un emprego de calidade, estable, seguro e con dereitos. Con esta acción formativa preténdese dinamizar a base económica do medio rural, fomentando a aparición de novas actividades profesionais ou garantindo a igualdade de oportunidades, especialmente para as persoas de maior vulnerabilidade ou en risco de exclusión social.

Compartir: