Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un total de 18 mulleres desempregadas participan...

FORMACIÓN E EMPREGO

Un total de 18 mulleres desempregadas participan nun cursiño de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes no Domicilio

Luns 20 de xullo do 2009

Tanto Ferrero como Manso quixeron subliñar a importancia de que este tipo de actividades "permitan a incorporación ao mundo do emprego " das súas participantes. O Alcalde carballés desexoulles ás 18 alumnas do curso que "teñan canto antes a posibilidade de asinar un contrato laboral". Pola súa banda, Pilar Souto quixo mencionar a importancia do labor da Deputación no desenvolvemento deste tipo de actividades por toda a provincia, destinadas a "potenciar e facer posible a inserción laboral". Souto manifestou que outros curso desenvolvidos en Carballo teñen culminado coa creación "dalgunhas empresas novidosas" e rematou dicindo que a Deputación seguirá ofrecendo actuacións para Carballo "porque hai un bo potencial".

Este curso, xestionado polo Centro Municipal de Formación, contará cun Servizo de Acompañamento Laboral como unha ferramenta de reforzo contra a situación das persoas desempregadas e en risco de exclusión social, cuxo obxectivo é dar resposta á necesidade de mellorar as súas perspectivas de integración a través dun servizo personalizado e especializado de inserción laboral. O Axente de Inserción Laboral acompañará ao alumnado no proceso de busca de emprego prestando asesoramento a potenciais emprendedores/as e realizando tarefas de intermediación laboral para coñecer as demandas do tecido empresarial.

Compartir: