Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobados os expedientes de contratación...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobados os expedientes de contratación para a mellora da travesía de Malpica e para a reparación da Avenida de Bergantiños

Luns 20 de xullo do 2009

No caso das adxudicacións provisionais, a Xunta de Goberno aprobou o contrato de servizos necesario para a 'Coordinación, xestión e seguimento do proxecto Centro de dinamización socioeconómica sostible do Concello de Carballo', coordinado polos fondos europeos Feder e que estará asentado no barrio da Milagrosa. O orzamento ascende aos 58.000 euros e a adxudicación provisional recaeu en Valora Consultores de Gestión SA. Así mesmo, saíu adiante o illamento dunha parcela de 1.760 metros cadrados emprazada en chan industrial en Bértoa por un importe de preto de 100.000 euros. Por último, declarouse deserta a adxudicación do contrato administrativo para a 'Concesión do servizo de atención da base náutica de Razo' e acordouse que a empresa Plaguiber, de control de pragas, asuma o 'Servizo de desratización do municipio de Carballo, por un prezo anual de adxudicación de 4.800 euros.

No apartado de adxudicacións definitivas, a Xunta de Goberno aprobou que a empresa Ifecgas Pereira SL leve a cabo a 'Instalación de alumeado no campo de fútbol de Carballo'. Os traballos afectan ao anexo das Eiroas por un prezo de 58.184 euros. Trátase dun proxecto incluído na terceira fase do Plan especial de iluminación e outros complementos para campos de fútbol municipais de herba artificial da Deputación da Coruña. No que respecta ao desenvolvemento urbanístico, a empresa Construcciones Vázquez y Reino será a encargada de urbanizar o polígono 9 da capital municipal, situado no entorno da rúa Gravador Manuel Facal. Así mesmo, saíu adiante o proxecto inicial para a urbanización do polígono 11, na zona da Lagoa.

Compartir: