Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de cen participantes están...

A PROBA É PUNTUABLE PARA O CAMPIONATO GALEGO

Máis de cen participantes están inscritos no I Autocross de Bergantiños que se celebra no Circuíto de Bértoa

Venres 17 de xullo do 2009

Os participantes están divididos en catro categorías, entre as que destacan 41 inscritos en Carcross ou a presenza da categoría de 4x4. A partir das 9.00 horas do sábado comezan as verificacións técnicas e administrativas, mentres que está previsto que as carreiras principien ás 15.00 horas, con entrega de premios despois da disputa de cada unha delas, así como con volta de honra para os primeiros clasificados. O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quiso subliñar que este I Autocross de Bergantiños é un "primeiro paso para que o Circuíto Municipal de Carballo comece a dinamizarse", recollendo a "grande afición" polo motor que existe tanto no Concello como en toda a comarca.

Pola súa banda, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quere resaltar a boa marcha dos traballos do circuíto, que implican "unha transformación integral". Neste momento xa está rematado o circuíto de autocross, onde se disputará esta primeira proba, e tamén avanzan as obras para crear o de motocross. Segundo Ferrero, a posta en marcha destas instacións culmina "un reto conseguido" para acadar "un dos poucos circuítos municipais que existen". O Alcalde subliña o elevado número de inscritos como un "bo punto de partida" e convidou aos veciños e veciñas a que se acheguen a Bértoa esta fin de semana para desfrutar da proba.

Compartir: