Inicio Carballo ao día Hemeroteca Continúan as actuacións do...

O MÉRCORES 22, O VENRES 24 E O SÁBADO 25 DE XULLO

Continúan as actuacións do Verán Cultural co teatro de Lope de Vega, a música de Terela Gradín e o Festival Sereas e Piratas

Martes 21 de xullo do 2009

Esta peza teatral xira ao redor dos devaneos amorosos da súa protagonista que se inclina máis polos turbios intereses que polos desinteresados sentimentos, coa consecuencia de quen todo o quere, todo o perde. Nesta proposta engaden ao verso de Lope de Vega o apoio dunha banda sonora interpretada en vivo polos mesmos actores, polo que aporta frescura e dinamismo á representación. Xa o venres 24 de xullo ás 22.30 horas, a Praza do Concello acolle o concerto de Terela Gradín e Manuel Gutiérrez, que presentan o seu novo traballo discográfico 'Pascala'. Nel combinan composicións propias con versións de clásicos da música pop-rock-jazz.

Este interesante grupo, integrado por excelentes músicos e a sorprendente e suxestiva voz de Terela Grandín (na imaxe), é unha das mellores referencias da música de jazz con acento galego que vai gañando terreo en Galicia. Por último, o sábado 25 de xullo ten lugar o IV Festival Sereas e Piratas que chega á súa cuarta edición, e polo que se ten convertido xa nunha das citas importantes para os amantes da música pop, indie e bizarra, xa que nos permite coñecer as últimas tendencias musicais galegas xunto a outras referencias de España. Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural Rebeldía, coa colaboración de Teirón, Art Surf Camp, Estudio 3 - Radio Galega e Cosmic Pop Club e comeza ás 21.00 horas na Praia de Razo.

Compartir: