Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 200 nenos e nenas participan en...

CONCELLARÍA DE BENESTAR

Máis de 200 nenos e nenas participan en Carballo na ‘Escola de Xogo e Iniciación Deportiva para Peques’

Xoves 23 de xullo do 2009

Por unha parte, supón que os nenos se impliquen nunha actividade física, importante para un axeitado desenvolvemento a distintos niveis esenciais para a súa saúde, e por outra, que potencien as súas relacións sociais. Por estas razóns, dende os Servizos Sociais do Concello de Carballo considérase que é unha actividade de especial interese para nenas e nenos de familias coas que se está a realizar un plan de traballo desde o Programa de Educación Familiar, e desta maneira diversificar as accións tenentes a mellorar as dinámicas familiares.

O Programa Municipal de Educación Familiar, ten como obxectivos, entre outros, os de potenciar e fomentar hábitos saudables nos diferentes membros das familias e núcleos de convivencia, facendo fincapé no sector da infancia. As actividades tiveron o seu inicio o día 6 de xullo no pavillón Vila de Noia da capital municipal carballesa e prolongaranse durante todo o verán ata o 4 de setembro. Neste intre participan ao redor de 200 nenas e nenos.

Compartir: