Inicio Carballo ao día Hemeroteca Principian os traballos de urbanización...

OBRAS DO FONDO ESTATAL DE INVESTIMENTO LOCAL (FEIL)

Principian os traballos de urbanización das rúas Saúde, Vitoria e Cinceiro da capital municipal

Xoves 23 de xullo do 2009

As melloras consisten nunha completa renovación do entorno das rúas Saúde, Cinceiro e Vitoria, coa instalación de servizos e de mobiliario urbano como xardiñeiras, papeleiras, bancos ou puntos de alumeado. Así mesmo, está prevista a substitución e reforma das beirarrúas e do pavimento, coa colocación dun lousado. Por outra banda, estas rúas concentran aproximadamente 40 prazas de estacionamento de vehículos, e o Concello roga aos usuarios que empreguen aparcadoiros alternativos, como o situado na parte posterior da antiga estación de autobuses ou o da horta do Casino, e pide desculpas polas posibles molestias ocasionadas aos usuarios e usuarias.

No que respecta aos veciños e veciñas que residen nestas rúas, o Concello, a través da Concellaría de Tráfico que dirixe Benedito Viña, asegura que poderán acceder durante a maioría do tempo que duren os traballos aos seus garaxes privados. Poren, cando o desenvolvemento das obras o impida, os afectados e afectadas que o desexen poderán solicitar na oficina da Policía Local unha autorización para poder estacionar sen límite de tempo nos aparcadoiros de Zona Azul da rúa Barcelona, a máis próxima á zona obxecto da mellora. Na solicitude deberán achegar o número de matrícula do vehículo.

Compartir: