Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobada de xeito definitivo a Relación de...

SESIÓN PLENARIA ORDINARIA DO MES DE XULLO

Aprobada de xeito definitivo a Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Carballo

Martes 28 de xullo do 2009

No documento definitivo, o organigrama coa relación de postos e a valoración económica realizada están recollidos por separado. O obxectivo desta medida é aclarar a redacción do acordo inicial para eliminar as ambigüidades económicas. Así, no que respecta ás retribucións complementarias, cada posto de traballo conta cunha valoración, medida en puntos. Como consecuencia desta valoración, a nova RPT aplica un valor de 22,32 euros de retribución por punto. Poren, ata o de agora non se tiña especificado o valor de punto inicial, que agora queda establecido en 15,82 euros.

Así mesmo, os traballadores que aínda non cheguen aos 22,32 euros de retribución por punto -hai algúns que xa cobran o correspondente a estes parámetros- verán actualizado o complemento específico do seu salario nos próximos catro anos -entre 2009 e 2012- ata chegar a ese mínimo acordado. As previsións económicas determinan que en 2009 se chegará aos 16,41 euros por punto; en 2010 a 17,50; en 2011 a 21 euros; e en 2012 ao valor establecido de 22,32 euros. Nestes momentos xa está aprobado e consignado o suplemento de crédito necesario para afrontar o gasto previsto na RPT para 2009.

Por último, nunha sesión de pouco máis dunha hora de duración, saíu adiante por unanimidade a conversión do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular en Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT). Trátase dunha adaptación á normativa europea que deben ratificar os 35 concellos que forman parte do Eixo e que implica a xestión do irmandado desta asociación de municipios.

Compartir: