Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Alcalde recibe aos 30 deportistas do club Sysca...

CONCELLARÍA DE DEPORTE

O Alcalde recibe aos 30 deportistas do club Sysca gañadores do Campionato galego en categorías alevín, infantil e cadete

Xoves 30 de xullo do 2009

O Alcalde quixo subliñar o labor do club "para que Carballo siga tendo un nome importante no socorrismo e o salvamento en Galicia" e desexou que a actuación do Sysca permita que haxa novas recepcións en anos vindeiros. O campionato galego de salvamento acuático celebrouse na vila de Marín a mediados do presente mes de xullo e os carballeses gañaron nas categorías por equipos. Os rapaces amosáronse moi ledos pola súa actuación e ocuparon as cadeiras dos concelleiros e mesmo do Alcalde no salón de plenos para recibir o seu recoñecemento.

Hai que lembrar que o club Salvamento y Socorrismo Carballo (Sysca) naceu o 8 de maio de 1990 por iniciativa dos, por aquel entón, monitores da piscina municipal de Carballo. Dende a súa fundación ten ido medrando pouco a pouco, incluíndo novas actividades como a creación das escolas de verán, a participación repetida en numerosas competicións e o incremento no número de membros. No ano 1999 o club foi nomeado mellor Club Galego de Salvamento da tempada, recibindo tamén o premio de Bergantiñán do ano 1999.

Compartir: